Hai algo sobre o blogomillo en xeral que todo o mundo sabe pero que niguén se atreve a dicir: se queres facer un blog galego so tes que coller duas palabras autóctonas e xuntalas nun xogo de verbas ou do tipo poético ou do tipo rural. Así, por exemplo, “Trafegando ronseis“, “As uvas na solaina” ou “En busca da cagalla do lagarto“. Todos eles moi bos blogs moi mal deseñados e feitos por señores que soen tomarse a si mesmo demasiado en serio, polo que so se xuntan con aqueles outros que tamén os toman a eles en serio. E non serei eu quen diga que non deben de ser tomados en serio tan graves señores, é so que non lles acabo de pillalo rollo, quizás por non ser suficentemente galego ou intelixente, que todo pode ser. En todo caso, esta doenza xeral, tanto a da miña intelixencia como a da ausencia de autocrítica é unha constante en calquera blogosfera que se precie de tal.
O caso é que se hai alguén que sexa un auténtico diccionario de todos estes blogues galegos tan remniscentes, ése é sen dúbida Manuel Bragado, o flamante director da editorial Xerais, e obxecto deste post pola súa blog “Brétemas“. Se vostede non a coñece é que non merece nin sequera ser chamado “navegante” e pode ser considerado un pervertido buscador de sexo na internet. Ou mellor aínda, vaia buscar gatiños no Youtube.
Brétemas é a referencia cultural galega e social viguesa por excelencia. Alí un atopa as súas pausadas reflexións sobre o Celta de Vigo (sí, pódese falar de fútbol cun mínimo de intelixencia), sobre a cidade que acolle ó seu creador, sobre política local ou sobre novidades editoriais propias ou da competencia.
A lectura do blog presenta un Bragado intelixente e contido, tanto que mesmo renunciou a se presentar como cabeza do Bloque vigués, o que fai pensar que este tipo non é de aquí, posto que non hai cousa que goste a un de Vigo máis que sair todolos días no Faro, que é o noso “Gran Irmán” particular. Mesmo un repaso pola súa longa historia de blogueiro non dá pe a afirmacións das que poida arrepentirse demasiado. Apoiar o blogomillo dende o seu nacemento, ter orgullo rapaz da cultura galega, capacidade de análise para lectura domingueira, e, en xeral, amosar prudencia, seguridade nas propias conviccións, honradez e interese polo que fai. Cualidades todas elas pouco comúns e amables de ler.
Se algo se pode botar en cara a Bragado é precisamente esa bonhomía. Alguén que un desexaría poder presentar ós seus pais no día de Nadal ou ben vístese de muller cando ninguén lle mira ou ben ten o corpo de Maddie McCann no frigorífico. Ese equilibrio permanente na corrección pode chegar a ser cargante, e mesmo o peloteo que calquera pode esperar dun editor á hora de falar dos escritores (aínda que non os publique el) non deixa moitas veces lugar máis que a aquela famosa frase do Señor Lobo de “non empecemos a chuparnos as pollas todavía“. Este equilibrio so racha cando se trata de defender o idioma, cando lle tocan o máis sensible, é entón cando Bragado revélase como un fero protector da lingua que lle dá de comer por riba de oportunidades de negocio mellores. É entón cando salta a personaxe consciente do seu papel histórico, posto que, quérao ou non, Bragado xa é parte da historia da cultura galega. Unha personaxe de influencia, de capacidade integradora e de consciencia do seu papel en Galiza, moi superior ó de moitos autores ós que publica.
É ese Bragado o que nos gusta, o que usa as verbas coa mesma intelixencia e moderación coa que fala do Monte do Castro, do Peirao XXI ou dos arranques de Corina Porro, o argumentativo e non o morriñento, o descritivo e non o enumerativo dos méritos alleos, o culto e histórico e non o morriñento e soñador. O que revela datos e razoamentos tanto das personaxes que coñece como dos feitos que estuda e da vida que nos descubre na súa blog. O que non chama “labor modesta e calada” á ausencia de obra do profesor de instituto e que declara “rabudo” a quen o é.


5 Respuestas
Permance atento a la conversación, suscríbete a los RSS feed para los comentarios de este post.
Non quería eu ser o primeiro en comentar, pero como ninguén da o paso… en fin.
Non é esta unha bitácora á que sexa eu un “abonado“, pero de cando en vez, sobre todo cando busco algo da Galiza, aparece como por arte de maxia entre os resultados de Google máis significativos… e iso supoño que será por algo ¿non vos parece?
Pareceme unha bitácora que concorda moi ben coa personalidade do individuo que a elabora. Ou sexa, que é absolutamente coherente coa persona que hai detrás… e iso é un mérito que aporta unha plusvalía ó seu contido (dende unha análise sociolóxica da mesma) xa de por si suficientemente elaborado.
Un pode estar de acordo ou en desacordo coas súas opinións ou ideas, pero non lle pode negar a consistencia, a coherencia ou o correcto razonamento das súas premisas… algo que non sempre se pode decir de moitos “opinadores oficiais“.
Boa crítica a túa, por tanto, Pablo!
sí, un pode estar dacordo ou non. eu concordo as máis das veces, o que non significa que brgado sempre sexa coherente ou consistente, ou mesmo qu eso sexa un valor.
gracias por opinar
Estou de acordo co que expós na túa entrada, e é unha pena que persoas que talvez poidan dicir moito mais, queden só na metade. É a súa decisión..
Non son unha seguidora dos blogs onde se repiten as noticias, -que por outra banda xa lemos nos diarios dixitais- sen outro engadido que os comentarios dos seus seguidores.
Únome ao teu comentario tamén…
Un saúdo.
P.D.: gustóume moitisimo a forma que seguiches na presentación…
Máis ou menos coincido con tódalas críticas verquidas hasta agora. Paréceme unha entrada moi estupenda e, en xeral, recoñecedora do traballo de Bragado e, aínda que non comparto tódalas opinións que verte, os seus comentarios son sempre lúcidos e razoados, incluso ás veces amenos e divertidos, algo que, en xeral, bótase moito en falla.
Un grande valor que temos a fortuna de ter en Vigo e en Galicia, para rematar.
Apertas!!!
Continuing the Discussion