Skip to content


as blogs de vigo (IV)

Que as blogs de Vigo sonche ben enjundiosas é algo do que nesta redacción todos somos conscientes. A grande intelectualidade olívica, algún político despistado, particulares fartos de aburrir á paisanaxe nos bares, periodistas de tecla fácil, funcionarios de mala baba, particulares paranoicos e amas de casa co síndrome de niño baleiro ou xubilados iluminados adictos ó Faro de Vigo enchen as gratuítas páxinas de Blogger ou WordPress coas súas ocurrencias máis ou menos disparatas e acertadas. Aquí tentaremos facer un acopio das que poidamos, para que non perdan vostedes o tempo buscando en Google “blogs de Vigo” e lle saian as novas do diario decano.

Permítanos, polo tanto, facer hoxe unha pequena excepción a tanta voluptuosidade creativa, a tanta capacidade crítica e tanto espíritu rachador. Hoxe imos facer unha excepción a este repaso, lento pero inesgotable, das blogs viguesas, e imos escoller unha blog nacida e terminada con sentido, discreción e contido. Esto é, hoxe imos falar dunha blog que é unha excepción da blogosfera mundial. E é de Vigo, co que temos o traballo feito, como quen di.

Este fenómeno tan digno de admiración chámase “restaurando un Ferrari 355“. É un deses traballos que lle fan a un arrimarse ó seu ordenador sen temor de ser asaltado por un par de tetas en jpg ou por un par de collóns en formato literario e testosterónico. Basicamente do que se trata é dun señor que merca un Ferrari feito un asco e o restaura. E xa está. Tardou tres anos e pico e foi contando dende a compra nunha páxina web alemá, o traslado do cacharro, as tomas de decisións, algunhas técnicas para ignorantes do tema, pero explicadas o suficentemente ben como para que sexan entendibles, os traballos intermedios, os inconvintes administrativos, as solucións, as ocorrencias, etc.

Cando un di que esto da internet está cheo de porcalladas o que quere dicir é que o que non é internet está cheo de porcalladas ou, o que é o mesmo, que hai cousas marabillosas, aportacións particulares interesantes de xente que simplemente fai cousas e as conta. Non serei eu quen diga que o señor desta blog de hoxe (Santiago chámase o autor) escribe ben, pero o que non pode dicir ninguén é que escribe mal, o que é máis do que se pode dicir da maioría dos seus compañeiros.

O seu primeiro post é tan sinxelo, clarificador e directo que é difícil non simpatizar xa coa personaxe, senón coa súa misión. E conste que quen escribe esta crítica é un maniático na beira oposta. Odio os coches, os seus ruídos, fumes e sistemas productivos idiotizantes que traen todos metidos no maleteiro. E con semellante panorama, a blog gustoume, así que se vostede é dos que simplemente consinten a convivencia con estas máquinas xa tarda en botar unha ollada. As referencias a Magnum enternecen a calquera que teña tido que alfabetizarse a golpe de Spectrum e, sobre todo, a franqueza e simpleza dos argumentos son tan irrebatibles como un sorriso.

Aproveiten que o blog está tan rematado como a restauración do Ferrari para ler esta blog e saiba que a literatura é identificable coa obra e esta coa vida, e se non entende o que digo, lea a blog, leñe, que pasará un bo rato. Por unha vez, podemos dicir que atopará máis do que espera.

Os cus sonche da blog do Ferrari, que a cousa non vai de tetas, pero vai de coches.

Technorati Tags:

Categoría: Internet, leyendas vigo, Vigueses. Taggeado como .

2 Respuestas

Permance atento a la conversación, suscríbete a los RSS feed para los comentarios de este post.

Continuing the Discussion

  1. Vigo Enredados linked to this post on Martes, 18 mayo 2010

    En el blog: as blogs de vigo (IV) http://goo.gl/fb/Ru0J0

  2. VigoEnredados linked to this post on Martes, 18 mayo 2010

    En el blog: as blogs de vigo (IV) http://goo.gl/fb/Ru0J0

Some HTML is OK

(required)

(required, but never shared)

or, reply to this post via trackback.