Levamos xa un par de semáns nas que as folgas do metal e da recollida do lixo veñen anunciándose. Tanto unha como a outra non son novas, posto que ambas pertencen a sectores cunha difÃcil negociación, aÃnda que non debido ós probelmas económicos da parte empresarial, dende logo.
Por unha parte temos que a empresa contratada polo Concello de Vigo para a recollida do lixo nega a se reunir cos traballadores dende a semán pasada, a pesares da ameaza de folga ¿Qué facer cando unha das partes nega a sentarse na mesa de negociación? Esta mesma actitude teñen os empresarios do metal. Este caso é aÃnda máis sangrante, posto que o mediador do conflicto según a lei, o Delegado de Traballo da Xunta de Galicia nin está nin se lle espera, posto que xa anunciou o presidente da Xunta que este posto desaparece. ¿Quén vai sustituÃlo? ¿A nova e flamante “superdelegada” da Xunta en Vigo, que debe enchernos de orgullo por pór á cidade á altura de Pontevedra? Mentras tanto, a nova Conselleira do ramo preocúpase polas dificultades das empresas para realizar regulacións de emprego cando obteñen beneficios o ano anterior, o que está expresamente prohibido.
No caso do lixo, o Xefe da Inspección de Traballo, dependente do Ministerio de Traballo, non puido convocala reunión ata que unha das partes, a empresa, solicitouno. Para isto esperou que más de 1.000 toneladas de lixo encheran as rúas de Vigo e se xuntaran coas manifestacións do metal. Por suposto, un pode pensar que esta situación de caos é casual, e que, por exemplo, o feito de que a empresa concesionaria da recollida do lixo no Concello, FCC, non participara en ningunha das obras que están a realizar na cidade non ten nada que ver.
Outra perspectiva pode facernos ver que hai empresas que son conflictivas por si mesmas. AsÃ, a actitude tomada por FCC non é excusiva de Vigo, mentras que outras do mesmo ramo non teñen tantas dificultades para acadar acordos razoables. A pretensión de facer devolver ós traballadores parte do seu soldo, posto que éste axústase á suba do IPC real anual, que desta vez resulto negativo é, cando menos, unha frivolidade, cando non unha estupidez so xustificable pola falla absoluta de respecto non ós seus empregados, senón ós cidadáns que teñen que pagar estes conflictos.
Por outra banda temos que “a rÃo revolto ganancia de pescadores”, que sempre están dispostos a facer ver que cando o lixo encheu Samil, eles o solucionaron máis rápido, o que non é certo. Ou os outros, que fan ver o caos no que está sumida a cidade, cando noutras ocasións a situación foi bastante peor. Recomendamos buscar as verbas “fuerza”, “amenaza” ou “coacción” para referirse ós folguistas nas novas para facerse unha idea do que falamos.
E, xa postos, lembramos cómo os hai que esperan poder seguir aparcando onde lles pete sen solicitar unha zona de carga e descarga, sen comprar un carriño co que movelas caixas, sen pretender pagar máis impostos unha vez finalizadas as obras pagadas cos cartos de todos, pero que lles van beneficiar a eles principalmente. Son os famosos comerciantes reunidos polo ex edil do Partido Popular, mantido no equipo de Manuel Pérez e que lle disputou o posto á mesma Corina Porro nun tempo non moi lonxano. Non debeu aprender moito desa experiencia, posto que solicitar unha exención de taxas municipais é manifestamente ilegal. Polo momento, as irregularidades que poidan estar cometendo nas obras que manteñen a economÃa de moitas empresas viguesas, son solucionadas con prontitude.
A estratexia de provocar folgas xa sufrÃmola nos últimos catro anos, con moi bos resultados para os provocadores das mesmas. E visto o carácter que teñen os nombramentos do novo presidente da Xunta en Vigo no porto e na Delegación da Xunta non cabe esperar moita colaboración, dende logo.



4 Respuestas
Permance atento a la conversación, suscríbete a los RSS feed para los comentarios de este post.
E non te olvides das da limpeza, especialmente as do cuvi
http://silencioymirada.blogspot.com/2008/11/terroris.html
Tal e como andas os tempos é de agradecer que fales galego
Continuing the Discussion