Vigo Enredados » caciquismo

violencia no sector do metal
Efectivamente, teñen razón os señores empresarios do metal. Non se poden aturar os actos violentos dos representantes do metal. A violencia so enxendra violencia, nunca solucións. Hai que acudir á racionalidade das institucións para atallar estes feitos canto antes. A opresión sobre os indefensos, a chantaxe da forza bruta e irracional non se poden aturar nin aquí nin en ningures. Os sindicatos deben de condenar estes feitos do mesmo feito que eles condenaron sen paliativos de ningún tipo a explotación laboral, os horarios laborais de dez ou doce horas, ou a ausencia de medidas de prevención de riscos laborais nas súas empresas.

Ou que se descubrisen empresas que facían pagar ós seus empregados bolivianos 12.000 euros para ter dereito ó traballo.

Ou a morte de Pablo Malvido Santos, de 21 anos, morto no seu posto de traballo no asteleiro Nodosa cando unha peza metálica desprendeuse e lle golpeu a sién.

Ou que hai quince días a outro traballador de 30 anos na súa empresa de Zamáns lle caera enriba unha chapa de metal.

Ou que un traballador de 19 anos morrera electrocutado no seu posto de traballo en Talleres Ruiz y Moreira en Bouzas.

Ou dos catro traballadores ferroláns que morreron mentras traballaban nunha subcontrata e descoñecían os perigos que implicaba as tarefas que levaban a cabo.

Ou de D.V.O., de 25 anos, que caeu dun andamio cando traballaba nun asteleiro de Teis.

Certo é que as declaracións destes empresarios non se soen escoitar moi alto. Entón non se sinten parte da clase traballadora, ese invento ó que chaman “demagóxico” e “anticuado“. Eles fanse oír máis para denunciar que o convenio asinado no 2006 lles obrigara a regular a contratación de traballadores emigrantes e á responsabilidade subsidiaria en todo o relacionado coas indemnizacións en caso de accidentes laborais.

Prefiren mirar para outro lado nestes casos e lles esixen ós sindicatos que paguen 14.000 euros de contenedores queimados e se disculpen ante o cidadán que recibiu un pelotazo de goma procedente dun policía. A súa responsabilidade queda en marchar a Portugal e ameazar con deixar de pagar os salarios.

Technorati Tags: huelga metal, huelgas