
Non podiamos quedar sen realizar, neste blog, unha análise das diferentes blogs viguesas que pululan pola rede. Dende as adicadas aos seus cans, ás políticas, as comerciais, as persoais, literarias, etc., o equipo de Vigo Enredados tenme encomendado esta misión. E para escoller a primeira das blogs viguesas é inevitable escoller á “Blog de Vigo” por excelencia, en cuia honra falaremos destas páxinas web en femenino. A elección deste xénero, por aqueles tempos do 10 de maio de 2005 virá, digo eu, por aquilo da traducción do termo “blog” en “bitácora“. Erro común daquelas, posto que algún foi buscar bitácora ó diccionario e atopou que bitácora é un armario onde se gardaba a agulla de marear e un caderno no que se escribían os eventos que sucedían durante a navegación. Así pois, “blog” pode vir de “caderno de bitácora” (masculino) ou de “bitácora” (feminino). O caso é que os rapaces de Vigoblog escolleron o feminino e así quedou e a min me gusta.
Nada mellor para entender a Vigoblog que a súa entrada inicial:
“En un sistema de paralaje superstructural, las sinergias resultantes tienden a confluir en un todo epistemológico. Se sabe, desde que Newton formuló las leyes que rigen las diferencias azimutales, que las fenómenos de cualidades oscuras resultan completamente inútiles para un fin cualquiera“.
Hai está, con dous collóns ben postos. E se non che gusta, pois non leas, carallo. Como ben remataron esta preciosidade “más vale un toma que dos te daré”. Penso que por culpa de escribir cousas como éstas acabaron tendo os comentadores que teñen. Dende o mítico Voltaire-Vigo ata o Nogueroles e toda a recua de apaixoados anónimos que escriben en clave, como quen pon o dedo diante da boca entre taza e taza. Os desvaríos da vellez algúns os confunden con sabiduría e para dicir que o alcalde e o da Cámara de Comercio son uns mangantes non se necesitan moitas neuronas. Non esperen moita materia gris premendo nos comentarios das entradas. Iso sí, se ten tanto tempo como os escribintes poden tentar descifrar as chorradas alí plasmadas. Pero fáganno so nunha ocasión ó mes. Máis frecuencia pode levar ó suicidio por ter a sensación de que un vive nunha cidade de paletos para quenes Paco Porras é o seu lider máximo.
Pero volvamos ó blogue mesmo, que é o que interesa. Daquel equipo inicial, Caldeirada deixounos hai moito e Tiago Louro escribe sobre o Celta. Lorenzo Pardavila faino sobre o que lle peta, que soe ser tan interesante como a conversa de ascensor. Un o le máis que nada por cariño co resto do equipo e, sobre todo, porque a sinatura correspondente sae ó final do post, e ben podería ser que aparecera o nome de Pablo Eifonso, sen dúbida a estrela do blog. Eu engaicheime co xa clásico post deste autor sobre o acoso e derribo a Pérez Mariño. O que se mastigaba nos aires vigueses resumiuno (é un dicir) Eifonso nunha enumeración cronolóxica impecable. Entre noticias do Faro de Vigo, entrevistas e manifestacións delirantes dese tempo, soubo entresacar os elementos importantes do fenómeno, aportar os enlaces e deixar ó lector as consecuencias. Soubo convertir a Vigoblog nun blog. De feito a el corresponden os primeiros enlaces con sentido (apoiando o texto) desta web, co que o hiperestilo do 2.0 imprescidible nun blog comenzaba a aparecer da súa man. O papel que facían as imaxes neses primeros posts pasáronos a desenvolver os links como referencia e aclaración do texto, aportando o sentido último ó escrito. Outra cousa é un diario ou unha columna de opinión, tamén moi respectable, pero non unha blog.
De feito, Marcos Andión pronto repite a fórmula, dándolle ó asunto unha variedade nos textos moi recomendable. Hai que dicir que Andión é o principal responsable de congregar a todos os frikis de Vigo ó redor de Vigoblog. Podería chamarlle ás cousas polo nome e non ser tan gracioso. Simplemente con isto, nun mes Voltaire-Vigo non volvía comentar. Ademáis, se non chamase ó funcionario que lle pasa os datos nin Zorro nin Topo a cousa ganaría moito. En calquera caso, é gracias á parella Eifonso-Andión que descubrimos os detalles dalgúns feitos da política viguesa como a presencia de ING no urbanismo ou da importancia da publicidade institucional no trato de favor dos medios de comunicación vigueses ou quén carallo é Mapi Egea. O último escándalo en destaparse foi a compra da pinacoteca no Casco Vello, que finalmente acabou por se converter en cuestión política fóra do internet. Para que logo digan que Figueroa non sabe nin encender un ordenador.
Raquel López é a colaboradora máis sesuda do equipo. Escribe sobre eventos culturais e patrimoniais deses que non se entenden ben pero que un intúe que deben de ser importantes. Fáltalle certa enxundia, carnaza para facer picar ó populacho. Mencionar que Olveira é un borracho, que Caballero anda moito porque non quere engordar ou que Figueroa non se leva ben nin coa familia. De feito, a súa aventura en solitario, sendo un dos mellores blogs que teño lido, non chegou moi alá. Non importou porque Vigoblog é noble e sabe acoller ós fillos pródigos. Ana Pinténs e, xunto con Lorenzo Pardavila, os adornos que lle faltan ó conxunto. Que se a Ría é preciosa, que se un amigo comentoume que os vigueses teñen moi mala leite, que mira que a esta praziña so lle falta falar, que se os laicos, os dereitos humáns e o Morrazo. Vamos, que poderían escribir en Vigo Enredados e ninguén se daría conta.
O caso é que Vigoblog é unha blog ben montada. Feita por anónimos que se agochan tras un pseudónimo, como debe ser, posto que o 2.0 inclúe a identidade de rede; ben documentada, o que fai pensar que teñen a documentación demasiado preto; con presencia en Twiter, Facebook, santiños, vídeos, enlaces, , estatísticas, contador ata as próximas eleccións, presentación, o tempo que fai en Vigo e mesmo normas de participación. Que despois de case cinco anos teñen unha chulada de bitácora, vamos.


25 Respuestas
Permance atento a la conversación, suscríbete a los RSS feed para los comentarios de este post.
Moi boa descrición da bitácora VB, e dos seus diversos participantes. Ainda reín a cacho con algun dos comentarios que puxeches… o que non sei é se lles parecera tan ben a eles esta crítica constructiva túa.
Dende logo estanse a converter nunha referencia informativa dado o “excesivo” coñecemento que amosan de información municipal (de acceso non moi doado na meirande parte dos casos).
Saudos
Miña nai o que coñeces… non sabía eu que os seguiras tanto!! jjajaj
Saudos,
Noraboa Pablo por facerlle os honores a un dos mellores blogs de investigación sobre as cuestións públicas de Vigo… Noraboa tamén pola idea… ía sendo hora que alguén fixera unha boa escolma do que temos na Cidade.
Son da opinión que de que en Vigo fai falta establecer “sinerxias” entre tódolos que andamos dispersos pola rede adiante para concentrar as “esencias” do que é capaz de xerar Vigo tanto en Galicia coma no resto de España.
Sempre falando da quinta provincia e aínda non fomos quen de sair dos nosos particularismos. Noraboa.
Este mediodia despois de ler o aviso de Cunchi… tómei o meu tempo para lerche. Paséino ben un intre longo. Moi bo Pablo… xenial
Dende logo o teu post esta completiño… comparto totalmente a túa opinión, leo os dous actores principais da blog… (eles marcan o estilo). Xa paso de comentar… termino mareada, os que comentan “ lócense” moito copiando literalmente artigos do doga ou do boe….
Ou sexa que teñen “informadores”? grrrrrrrrr.
Xefe… Pablo é un visitante asiduo de VB, (eu tamén) jejejejejjeje
¿Pablo teremos que chamarte Carrapuchiña Vermella?
Saúdos,
Hola, lo primero lamento tener que escribir en castellano, mi gallego es malo por no decir nulo, en mis tiempos el gallego ni mencionarlo.
Felicidades Pablo, por dar este paso tanto tiempo esperado. Felicidades también por el post dedicado a VB, se percibe un gran conocimiento de lejos de sus miembros anónimos, no solo rascas en la superficie, también metes el dedo en el ojo, sin hacer daño. Como conclusión, yo que ellos estaría orgulloso de ser el primero de una serie y los/las demás blogs/bitácoras de Vigo que se vayan preparando.
De todas formas quedamos a la espera de un comentario de cualquiera de sus miembros para saber que les parece o no. Saludos.
Querido Pablo, cuando se comienza resbalando lo natural es terminar en el suelo.
“Nada mellor para entender Vigoblog que a sua entrada inicial”. Primer resbalón.
La entrada inicial salió de un texto publicado en un diario local, absolutamente carente de significado y que fue escrito para ver cómo salía el texto en las pruebas. Nos hizo gracia y lo dejamos. Cualquiera podría deducir que aquel sinsentido (¿o hay quien le encuentre alguno?) carece de relación con el contenido de la blog. Ni siquiera nos molestamos en corregir gazapos como “las fenómenos”.
De la ocupación por frikies del apartado de comentarios somos menos responsables los que hacemos el blog que quienes han preferido dejar de debatir en él, porque todo espacio tiende a ser cubierto: si no lo hacen los que deben lo harán quienes lo único que tienen es tiempo.
En todo caso, debo alabar tu decisión de hurgar en nuestras entrañas, que para eso las ponemos al descubierto.
Vana pretensión la de tratar de definir el estilo de VB, porque es el de cada uno de sus intervinientes. Y en los temas, verás que unos son más relevantes que otros, unos más conseguidos que otros, unos más oportunos que otros: ¿hay alguien ahí dispuesto a tirar la primera piedra?
El topo, el Zorro, la vidente dipsómana, el semiólogo y lo que se me pueda ocurrir en cualquier momento forman parte de los recursos habituales para proponer, en ocasiones, un lenguaje desenfadado; cierta ironía para algunas cosas y, sobre todo, cumplir con una de las utilidades de ese sitio: uno también tiene derecho a divertirse; si, además, divierte ilustrando, pues mejor, ¿no? Y, aunque te parezca increíble, no hay un funcionario que me pasa información: hay varios y no están todo en el Concello. Algunos, ni siquiera saben que son “el topo” o “El zorro”, y en otros casos los utilizo para poner en su boca lo que a mí se me ocurre. Son licencias literarias de las que no queremos abdicar (al menos yo). Y, si te detienes un poco más en el análisis de los comentarios, te darás cuenta de que aquellos personajes cumplen su papel de elementos de distracción, dada la clandestinidad a la que nos hemos obligado.
Cunchiña: Si te fijas, también, te darás cuenta de que la mayoría de las informaciones que comentamos proceden de fuentes y documentos oficiales que, con un poco de trabajo (a veces mucho), están al alcance de cualquiera.
En cuanto al perfil de los que hacemos VB, yo prefiero atender a las descripciones que hice de todos nosotros y se pueden encontrar pinchando sobre la etiqueta “LITEROTRATOS”.
Pablo: El género ha sido elegido porque entendimos que este instrumento es “una página”, una página web, pero una página. Creo que a tí también te parece bien el asunto, así que podremos juntarnos en el esfuerzo por llamarle a las cosas por su nombre, su género, su número y su caso. La nuestra es, precisamente, una blog. Además nos sonaba bien eso de “La blog de Vigo”.
La única intención de VB es la que expresamos en la columna de la derecha: establecer un ámbito de debate sobre la ciudad (no sólo Vigo) y desde nuestra condición de ciudadanos, con la esperanza de contribuir a formar una conciencia crítica en la sociedad. Que lo logremos o no es lo relevante; el cómo lo hacemos es sólo el envoltorio.
Para eso, naturalmente, la contribución de quienes comentan es de gran relevancia. Como no pretendemos ser jueces y parte, debemos admitir que algunos nos usen para agitar sus recurrentes fantasmas familiares. Tampoco pretendemos concitar amores aunque logremos suscitar odios y rencores. Lo único que nos dolería es constatar indiferencia.
En resumen, lo único relevante de nuestra actividad es si logramos dar a conocer algunas de aquellas cosas que los ciudadanos tienen derecho a saber y las instituciones y los medios de comunicación prefieren ignorar.
Las diferencias entre el comienzo y la actualidad proceden, bien está decirlo, de que comenzamos sin tener ni puñetera idea de como funcionaba lo de “Blogger”; fuimos aprendiendo cosas, ampliando espacios y contemplando como iba el asunto. Para nosotros, este espacio no es más que el instrumento que nos permite decir cosas; no reconocemos ninguna otra atadura conceptual sobre normas supuestamente “esenciales” en la blogosfera.
Del resto, lo único que se me ocurre es apuntarme al aforismo portugués: “Eu de gostos, nao discuto”, o como se escriba en portugués.
Dicho lo anterior, y como lo cortés no quita lo valiente, gracias por la atención, querido Pablo, y por la distinción que nos haces al comenzar con VB tu repaso a las blogs de por aquí.
Finalmente, otro aforismo: “quien da lo que tiene, no está obligado a más”.
Y una rúbrica: Felicidades por vuestro trabajo, por la idea de iniciarlo y por que dure, por el bien de quienes pagamos nuestros impuestos aquí.
N.B: Todo lo anterior es opinión particular mía; cualquier intento de asociarla al colectivo carece de sentido.
Gamela: ¡Chapeau!
Lobito: ¡Je, je, je! ¿Eh?
Eifonso Lagares: misión cumplida.
A todos: salud, paciencia y sentidiño para sobrellevarlas.
O primeiro dicir que non é para tanto, é so un post. E a “culpabilidade” da idea é do conxunto de VIgo Enrededos, aínda que a nefanda execución fose so miña.
Penso como Gamela, que os blogs de Vigo sonche moi bos, aínda que non sexamos quenes de mirar o suficiente os uns para os outros. O único caso onde se lle recoñeza o mérito é o de VB, que a súa vez tamén recoñecen outros méritos alleos.
Alégrome de saber que o texto da entrada inicial fose un corta-pega, pero aínda así a min me gusta. Supoño que debín de lelo unhas dez veces antes de copialo eu.
E tes razón, un ten dereito a escribir como queira, e ti faino moi ben, pero iso non quita para que sexas un reclamo dos frikis vigueses (dito con agarimo, por suposto) que ven na túa literaliedade unha metáfora das súas propias vidas.
En calquera caso non son so responsabildade túa. Se O Faro non publicase so cartas da señora esa de Ourense criticando ós homosexuias e do pai de López Cháves loubándose a si mesmo seguro que lles molaría máis escribir alí. E para xeitos “raros” de escribir nun blog xa temos á boa de Raquel.
Pd ¿non é encantador pensar que Vigo é o único lugar da internete no que “os” blogs son “as” blogs? Chúpate isa Coruñasfera.
Pois sí é certo que VB enlaza con outros blogs pero iso é algo “natural” na rede cando queres tráfico e pouco máis…
Eu pensaba en iniciativas coma túa…
Falar en vivo i en directo dos blogs veciños, non é algo usual (nin siquera para poñelos verdes).
Persoalmente comencei a escribir sobre Vigo e outras historias aló por Marzo de 2006 aproveitando a plataforma Cadernos Cidadáns… farteime de invitar a cantos coñecía e o resultado foi que todo dios migrou a novas plataformas e ninguén recolleu o guante…
Que si o Blogomillo, que si Blogger, que si BlogGaliza, Qué!, e non sei cantos rencunchos máis pero todos traballando do xeito máis solpsista… cada quén mirándo o seu ombigo…
Agora pasamos ás redes sociais… e seguimos igual… twiteando, facebook, laretando, chuzando… e ninguén fai referencias a ninguén… é como se o anonimato fose o único que temos para seguir escribindo (non é nada despreciable por certo).
Por iso anímote a seguir adiante coa Serie Blogs de Vigo… pensando que igual así, chamando as cousas polo seu nome, somos máis concientes do que temos e do que somos na rede.
Ou igual non… ¿quen sabe?
Es curioso, pero ese texto inicial, cuando se publicó en un periódico local, se adelantó un año al asunto de Sokal, que hizo lo mismo pero publicando en una revista científica posmoderna un “análisis” referido con sinsentidos y un meta lenguaje seudo científico, que coló como sensato algun tiempo.
En cuanto a lo de los que tu llamas frikies (no todos podemos ser exquisitos en la exposición), naturalmente que no es de mi responsabilidad, pero no estaría de más que admitieses que, en las entradas en las que se hacen denuncias, lo normal es esperar que quienes sufren fantasmas cotidianos se vuelquen en las diatribas. Es una servidumbre de la existencia, igual que el tener que aceptar los desacuerdos cuando te expresas públicamente. Supongo que convendrás que nadie puede, sensatamente, pretender contentar a todos ni coincidir con todo el mundo. A lo más que se puede aspirar es a ser honesto en lo que se expone públicamente, sin prestar demasiada atención al íntimo regocijo de ser reconocido; basta con ser atendido.
En todo caso, siempre me ha convencido la ex’plicación de que, cuando uno juzga, más que retratar lo juzgado revela lo propio. Lo tengo siempre en cuenta cuando emito opiniones, lo que me hace deudor de lo que provoque, pero no responsable.
En fin, que supongo que de lo que aquí se trataba era de analizar una blog, por lo que pido disculpas por haber entrado al terreno personal, aunque sin sentirme demasiado culpable de ello.
Gamela: es que lo de los “Cadernos Cidadáns” tiene su “aquel”, tuyamentiendes. Vamos, que es un auténtico fraude.
Insisto: Salud, paciencia y sentidiño para sobrellevarlas.
Hola de novo.
Evidentemente non é resposabilitade túa o tema dos estranos comentarios. De feito, nesta entrada http://vigoblog.blogspot.com/2008/07/hasta-siempre-leopoldo.html fas unha serie de apreciacións bastante crús respecto a algúns comentarios que non aportaban nada ó interesantísimo debate que alí se planteou.
O único que tentaba era explicar que ás veces a difusa procedencia da información (que a min me parece moi clara) que manexades dá pe a que esa difusión se espalle sobre o que a xente opina. Isto é, se non quedan claras as bases da exposición (as fontes da información), o comentario sobre a mesma pode ter a mesma procedencia difusa.
Suxería que presentala información sen máis, sen necesidade de aclarar se é un topo ou un zorro quen a facilita (feito que non é necesario, pero sí divertido) facilita que o comentarista se sinta avalado para presentar o zorro el mesmo ou mesmo presentarse como outro topo.
Supoño que será aquilo de “a mensaxe é o contido” ou algo así como o da lúa e o dedo, non sei. Pasa algo parecido en Galicia Confidencial ou Feijoo Mente (parecido, insisto).
E por suposto que fas ben en entrar no terreo persoal, de feito creo non se debera sair del nunca.
E Gamela, respecto as blogs de Vigo, para algo se inventaron as Beers´n´Blogs
Fue Marshall McLuhan quien dijo lo de que “el mensaje es el medio”. Según eso, el mensaje contenido en una blog tiene que ser, necesariamente, distinto al que se expresaría en otro medio de comunicación.
El medio (Internet) permite, y requiere, que haya opinión al tiempo de emitir la información, con la exigencia de que se distinga una de la otra.
Se agradece la sugerencia, pero creo sinceramente que la forma (a veces es más atinada que otras) es pertinente. Además de la información pura y dura (terreno para los mass media convencionales), en el ciberrespacio cabe perfectamente lo que hacemos. Y parte de eso es la forma en que nos expresamos, unas veces descarnadamente, otras buscando (no sé si lográndolo siempre) un punto de ironía o, incluso, de coña marinera. Afortunadamente para mí cuento con numerosos comentarios que expresan su satisfacción por eso que tú llamas “difusa procedencia de la información”, y que no sé por qué insistes en ello si dices que para tí está clara; y lo está, porque se enlaza con los documentos que, como dije, están al alcance de cualquiera. En todo caso es una opción con no menos validez que otra.
De acuerdo con mi experiencia resulta más tedioso discurrir entre datos, precisiones y contenidos “secos” que hacerlo a través de una narración que pueda resultar divertida. Más o menos eso hicieron Jesús de Nazaret y Mao Zedong (o Mao Tse Tung), Lao Tse, Confucio, Samaniego, La Fontaine, Arthur C. Clarke, Johnnathan Swift y muchos más. Que lo hayan hecho con más acierto que yo me obliga a aceptar que en eso se diferenciaron de mi.
En fin, ¿y si nos dejamos de hablar de mí y nos ceñimos al análisis de VB? A lo mejor aburrimos un poco menos, ¿no crees?
Adelante con el trabajo que te han endilgado y ten presente lo que te decía antes: al juzgar algo, además de retratar lo juzgado exhibimos lo propio. Es decir, que acaba por resultar más definido el definidor que lo que éste pretende definir.
En otras palabras: nos retratamos al retratar.
Salud
Querido Marcos estaría encantado de “conocer más” sobre el fraude de los Cadernos Cidadáns… sobre todo porque me harté de enviar mensajes y quejas a quienes se suponía que estaban tras esa plataforma sin éxito alguno…
Por eso me gustaría leer más sobre ese fraude que por lo que veo no sólo en Vigo sino en media España han colocado su producto y luego… SILENCIO !!!
Si algo se puede decir sobre esa plataforma cuenta conmigo como testigo de cargo… jajaja
Salud
Gamela: Por si te sirve, y buscando por la red, me encontré esto que podrías contrastar con tu experiencia en el asunto.
http://candasdenuncia.blogspot.com/2007/02/cuadernos-ciudadanos-ojos-que-te-miran.html
Otra que puede servirte: sin solicitarlo nosotros, Cadernos Cidadáns incluyó entradas de VB. Pasado un poco de tiempo recogían sólo las intrascendentes y, finalmente, dejaron de incluirnos, presumiblemente por nuestra posición de denuncia (Europa Press, creadora del engendro, lo puso bajo el control de los alcaldes o las corporaciones locales).
Salud.
Agradezo a información, máis non é moi relevante para o caso.
Efectivamente Cadernos Cidadáns permitía e permite aínda ( http://apunta.blogsome.com ) a sindicación de blogs externos á propia plataforma; o que sucedeu non sei moi ben cando, é que houbo problemas e fixeron algunha reestructuración para volver a sindicar os blogs externos (eu lembro algún correo nese sentido) así que posiblemente os que non renovastes a sindicacion do blog quedáchedes fora das actualizacións en Cadernos. (?)
Brétemas foi un dos que migrou a BlogGaliza e dende aquela deixou de indexarse en Cadernos (antes da súa migración aparecía perfectamente co seu http://bretemas.blogspot.com )
Máis alá das anécdotas suxírolle ao noso amigo Pablo (xa que iniciou o camiño da hemeroteca blogueira de Vigo) saber que foi o que sucedeu co Proxecto Cadernos Cidadáns a partires do ano 2007, data na que curiosamente Vigo ocupaba o décimo posto no ranking coa nada desprezable cifra de 259 artígos propios contra 1387 artigos agregados dende outros blogs sindicados.
http://www.cuadernosciudadanos.net/novedades.php
Europa Press debeu cobrar unha sustanciosa cantidade de cartos por este Proxecto que abarcaba 103 municipios en toda España… pero ogallá coñecésemos cales foron as “condicións” desa campaña: ‘un blog para cada ciudadano’ (?)
Sempre estiven intrigado (non tanto coma os viciños de Candás) sobre a relación ou non entre Cadernos Cidadanás e a creación dos Foros do Concello de Vigo (?) foros que xamais chegaron a callar e que pasaron tamén por varios períodos nos que o Spam era o verdadeiro rei do mambo no noso Concello… ata hoxe.
Seguramente non exista ningunha conexión real entre Europa Press (subcontrata XXX) e a empresa que informatizou a web do Concello de Vigo… pero quen sabe as voltas que dá o mundo…?
Nunha palabra… Vigo segue sendo un Concello no que a Participación Cidadá é unha asinatura pendente dende fai moitos moitos anos de dios… ¿curioso, que ata a Federación de Viciños estea a piques de quebrar por falla de orzamentos, mentres o resto de “asociacións” gozan de moi boa saúde?
De todo isto podemos falar calquera outro día…
Graciñas por estar aí…!!!
Por si te sirve, Gamela, nadie se dirigió a nosotros, nunca, para incluir nuestras entradas en Cadernos Cidadáns. Pese a ello, las incluyeron (auque siempre fueron las más “ligth”). Un día dejarond e hacerlo, Erasmo protestó, yo le contesté que nos importaba un bledo estar ahí, pero que les olía el aliento. Volvieron (sin ninguna indicación por nuestra parte) a escoger algunos posts (incluso nos relacionaron entre las blogs que recomiendan) y, finalmente, decidieron que les resultaba más conveniente dejar de atendernos.
Si he de serte sincero, del mismo modo que nunca solicitamos nuestra inclusión, tampoco nos importa que no nos tengan en cuenta. Como tú, ya son muchos los que consideran la iniciativa CC como una simple operación de márketing para el creador y un instrumento de control para las corporaciones locales. Con el mismo éxito que pretender sujetar el mar con las manos.
En cuanto al resto de eso que hemos dado en llamar Redes Sociales, mi opinión es que, a la postre, resultan unos instrumentos magníficos para que sepan de tí quienes no deseas. Y no te olvides de que información es poder. No son más que otro de los instrumentos de control al servicio de la expresión actual del Big Brother, necesitado de tomar el control de los contenidos de la red, aunque puede que no haya sido esa su finalidad original.
A pesar de todas las expectativas de libertad que ofrece la red, su lado oscuro es tremendo. O puede serlo. O sea que, mucho cuidado con los trastos del brujo.
Salud.
Un blog muy interesante es http://arquitecturavigo.blogspot.com/
que no se si lo comentais, asi que por si acaso ahí queda.
Un saludo
Amables y simpáticos. Gracias por vuestra mirada sobre nuestro hacer.
¿Amables y simpáticos? ¿No se te ocurrió nada más hiriente?
Grazas Pablo por esta review tan pouco review. É o ton que elixiches e non me parece mal, aínda que, falando de VB, peca o teu comentario do uso excesivo da vis simpática que lle criticas a Marcos Andión para falar de cousas serias. E iso que el só a utiliza en moi contadas ocasións, a pesar de que léndo o teu comentario, alguén pouco experto en VB poida pensar o contrario. Unha putada que pode provocar o desinterese por releer os textos de Marcos Andión (sen ir máis lonxe, nos comentarios a este posto): textos que son, sinceiramente, un luxo en tempos nos que a escritura de calidade é un tesouro difícil de atopar. Coido que non se pode despachar coa alusión anecdótica aos frikis (?), como non se pode despachar a Lorenzo Pardavila, co recurso ao “comentario de ascensor”, agás pecado de soberbia
A elección do ton xeral do post en clave de humor sen retorno, lévache, por exemplo, a incidir en algo pouco significativo, pero resultón, como é a presenza obsesiva dalgún asiduo como Voltaire-Vigo nos comentarios das nosas entradas, ou a calificar como “santiños” as galerías de fotos de VB en Picasa (por certo, na súa grande maioría orixinais da redacción da Blog) e aínda por riba que apareza a figura de Carlos Oroza no enlace!. E logo quéixaste de que Marcos ande con Zorros e Toupeiras!, je je.
Porque facer VB durante cinco anos nun contexto de medios de comunicación descaradamente mercados con cartos públicos polos alcaldes e alcaldesas de turno -como temos demostrado sen que tremasen sorprendentemente as estructuras da blogosfera viguesa- ten un alto custo en esforzo persoal dos que o facemos, boto de menos unha análise que sitúe esta aventura no ámbito do deserto informativo vigués. Pero non é a opción que elixiches e a min non me parece mal. Era unha lectura posible e en todo caso resposta á visión de alguén que sentimos dende aquel día que nacimos, próximo.
Queda pendente a outra… se tal un día anímome e cometo a heterodoxia da autoreview.
Grazas Pablo de novo, saúdos e a seguir con esa boa idea do repaso ás blogs da aldea. Estaremos atentos.
Pablo Eifonso
“boto de menos unha análise que sitúe VB no ámbito do deserto informativo vigués” e “boa idea do repaso ás blogs da aldea”
Suscribo! Penso que a Blogosfera Viguesa ten unha asignatura pendente coa Prensa de Vigo (penso no Faro de Vigo) e moi especialmente nese enxendro chamado Opinión Ciudadana que máis parece creado para facer desistir aos internautas de calquera participación activa na vida local que para fomentala.
Sería moi interesante adicarlle este ano 2010 aos medios de desinformación locais… ¿canto nos costa aos vigueses o programa Diálogos con el Alcalde en TeleVigo? por exemplo.
Como é a broma da publicidade bifronte :
Alcaldía de Vigo / Tenencia de Alcaldía ?
Cal é o xogo trileiro dos Foros do Concello no que se eliminan dun plumazo tódalas mensaxes e nos que segue habendo spam a manta… sen que ninguén se faga responsable de nada ?
E, como afirma Marcos, cantos cartos nos custa a broma do Cadernos Cidadáns simple operación de márketing e “cicais” instrumento de control ao servizo da Corporación Local…?
Boa idea darlle aire a VB especialmente en tódolos post de investigación municipal que tedes recollidos e enfrontalos á información publicada polos “medios locais” sobre esas mesmas cuestións…?
Igual deixabamos de ser unha aldea, e convertíamonos en Cidade.
Pablo, aínda que xa o sabes, quero novamente darte a miña noraboa por tan acertada entrada, cunha combinación perfecta entre humor e ironía. Paseino estupendamente lendo e relendo a entrada, por que hai que leela de xeito tranquiliño e mirando cada unha das túas verbas que son como dardos.
Coincido con Gamela que debemos crear “sinerxias” entre os distintos blogs no panorama vigués, máis aló de enlazarnos uns a outros.
Respecto ó tema de Cadernos Cidadáns, confeso a miña ignorancia sobre este tema, a verdade es que os vosos comentarios foron moi clarificadores para min. A verdade é que é un tema interesante para documentar máis en profundidade.
Por certo Marcos, falas de que as chamadas “redes sociais” probablemente non fosen inicialmente ideadas para controlar en plan “gran irmán”. É posible, pero eu lembro de cando en vez que Internet non foi máis que un proxecto do Pentágono “liberado” cando xa non lles intersaba (supoño por que terán novos mecanismos máis poderosos de control dos cidadáns).
Saúdos!!!
Querido Tomás: lo de que el origen de Internet fue cosa del Pentágono es, en realidad, una leyenda urbana muy extendida. La leyenda dice que una de sus aplicaciones fue la de prepararse para un colapso en las comunicaciones como consecuencia de un ataque nuclear.
En realidad el origen de Internet parece más relacionado con la investigación universitaria, como se indica en la página correspondiente de la Wikipedia:
http://es.wikipedia.org/wiki/Internet#Historia
Pues, eso: Saludos.
Pablo:
¿Hiriente?
Sabía de la polisemia, pero ¡te lo juro! no creí que diese para tanto.
(Me temo que ¡para nada! vamos de rigurosa seriedad; nos mueve una amable preocupación por los asuntos de la comunidad, y con la misma tónica recibimos los comentarios).
Saludos y gracias por seguirnos.
Amiga Raquel, nada hay más hiriente que a uno le llamen “amable y simpático”. Es como decirle a un pagafantas que no quieres romper vuestra amistad enrollándote con él. En cualquier caso, supongo que la cosa (el post) no da para más.
Respecto al tono “chisposo” del post, es algo no intencionado. Creo que la mera descripción debe hacerse mejor de lo que soy capaz, así que oculto mi torpeza como buenamente puedo. Como dice Andión, el juicio dice más del juzgador que del juzgado, o algo así. Que conste en mi defensa que me costó no profundizar más en VB para no alargar demasiado el tema.
Y respecto a las sinergias, pues eso, que en el círculo se confunden el principio y el fin, y en mis huevos la lefa y el orín. No creo que internet dé para más de lo que hay, aunque lo que hay esté por ver todavía. Que vamos a los pocos, quiero decir.
Que vamos poco a poco, no cabe duda alguna…!
Que círculos hay muchos, también…
Que podemos ir más allá del solipsismo del blog “individual”…?
Eso yo tampoco lo sé… pero todo se andará…!