Skip to content


o albergue municipal

Xa en tempos de Corina Porro planteouse a necesidade de crear un albergue municipal en Vigo. E non é que non existira algo parecido, que sempre estiveron ahí os Irmáns Misioneiros dos Doentes Pobres, cunha labor fóra de toda dúbida, pero claramente insuficente e limitada. O caso é meditar sobre se a asistencia que merece a xente pode limitarse a un plato de comida ou teñen dereito a unha actuación de maior calado (desintoxicación, traballo de socialización máis ou menos psiquiatrizado, búsqueda de emprego, etc.). Non entremos neses asuntos, que dan un xogo que non ven ó caso.

E o caso é que mentras que a Concelleira de Asuntos Sociais plantexaba esta necesidade, a alcaldesa sacaba os bancos da Praza da Princesa ou da rúa Príncipe para que os pobres non durmiran neles. A necesidade de actuacións inmediatas aprazábase ata unha mellor saída, posto que nada se fixo para crealo albergue.

O caso é que en Vigo hai asociacións que se adican a axudar ós demáis, por estraño que pareza, e a reclamar que eses señores que viven e morren na rúa merecen algo mellor. Así, coa chegada do Goberno Bipartito á Xunta de Galicia danse os primeiros pasos que moitos anunciaban e non se atrevían a dar. E, como moito do que fixeron, comenzaron mal. Primeiro, como pensaron que como os mariñeiros que quedan en terra á espera de que o armador de turno lles pague tamén teñen moi mala pinta, pois podían utilizar o albergue da Casa do Mar para meter máis pobres, que a eles lles pareceu que estaba infrautilizado algúns días por estes mariñeiros. Pero como non é o mesmo un mariñeiro que un indixente (aínda que dende o despacho oficial de Francisco Verea parezan o mesmo), pois a idea non gustou.

Así pois, miraron para o edificio de “La Gota de Leche“, nome con reminiscencia de orfanato. Este edificio está situado no entorno da Praza do Rei, ó lado do Concello e foi rexentado en tempos polas monxas das Fillas da Caridade de San Vicente de Paul, que acollían nenos desamparados. Este edificio pertencía á Consellería de Familia da Xunta de Galicia, que era quen xestionaba estes temas daquela. Posto que as monxas eran cada vez menos, un convenio coa piadosa Regojo fixo pasar o edificio a mans de Aldeas Infantís. Xa sabemos que Aldeas Infantís ten un funcionamento, digamos, que orixinal, sen traballadores profesionais que exercen funcións de psicólogo, de educador, de coidador, etc. O funcionamento, como vemos, non é o máis optimo (e non digo nada dos resultados, posto que a algún rapaz terán axudado). O mesmo Olveira fixo notar estas incongruencias no seu momento. Pero como os sacaban de paseo a menudo, pois, ¿qué máis queren estes nenos?

O caso é que o sitio ía sela panacea dos pobres, con instalacións adecuadas, co persoal formado para unha atención integral e mesmo unha unidade móbil para ir a buscalos polas rúas. O mesmo Quintana veu a anuncialo fronte ás asociacions que traballan en Vigo e que esixen unha intervención das institucións públicas neste tema.

Cando xa todos semellaban estar dacordo con esta solución, xurde o alcalde actual, Abel Caballero, teimoso por converter a Vigo nunha quinta marabilla da natureza, e pensou que ó entorno da Praza do Rei non estaría mal darlle un repasiño. Así que contrata a un deses arquitectos que cobran so por vir a vela cidade, deulle un paseíño pola terraza do Concello e imaxinaron xuntos un Vigo con ascensores, prazas de cores, gaivotas bermellas e coches voando e levando vigueses de aquí ata alá sen atascos e sen vitrasas. Demasiado bonito para meter a un pobre no medio a pedir unha moediña para viño.

Pero como non querían que lle dixesen que é unha mala persoa, mandou abrir a antiga Escola de Hostelería, un dos moitos inventos locais que non remataron ben e que está na Praza do Berbés, no Casco Vello, e encheuno de colchóns para que os pobres durmiran a perna solta. Se o Quintana quería foderlle o seu proxecto, pois el fodería o proxecto da Praza do Berbés do seu tenente de alcalde, Olveira, do mesmo partido que o Quintana. ¿Non quería que os turistas subiran en ascensor dende alí ata o Concello? Pois que sexa mirando menesterosos, que para iso o casco vello é o seu “espacio natural”.

E xa ahí saltou o follón. Todo o mundo opinou sobre o tema, mesmo a quen é manifesto que os pobres lle dan grima, como a nunca ben ponderada Elena González da FAVEC ou os policías, que queren máis espacio para pór as súas pistolas. O caso é que a día de hoxe existe un compromiso coa Xunta de Galicia de abrilo albergue da Gota de Leche que non se cumple, posto que o último episodio dalle moito xogo ó actual goberno do Pp na Xunta, para alimentala polémica entre socios do goberno local vigués. A mesma Mini Delegada Molares, cuias limitadas competencias lle permiten falar do tema, cala sorinte vendoos pelexar.

Dende a miña profunda ignorancia, penso que para isto non facía falta tanta opinión nin tanta chuminada. O importante non é donde durman os indixentes, senón a asistencia que receban. Na Gota de Leche, na Escola de Hostelería ou cos Irmáns dos Doentes Pobres. O caso será o tipo de axuda que se lles preste, que a fin de contas, para pórse ata as cellas de heroína non se necesita tampouco unha gran cousa.


Actualización 26/05/2009: Cunchiña lembra un par de aspectos respecto a este tema que no podo deixar pasar por alto. Os funcionarios municipais xa reclamaran para gardería o edificio da Gota de Leche hai tempo, aínda de que logo cambiara de idea. Ademáis o edificio pertencía á Xunta de Galicia, polo que ista decidiu que sería o primeiro da Rede Galega de Inclusión Social. O alcalde Caballero propuxo a antiga Escola de Hostelería antes de comenzar as obras, pero o edifcio da Gota de Leche esixía menos inversión na súa adaptación. A pesar disto o novo goberno da Xunta prefire alegar que as obras non están rematadas e que non teñen cartos para abrilo. Recentemente houbo dúas concentracións rodeando o edificio para reclamar a súa apertura, e unha manifestación de macarras motoristas policías para reclamar a súa nova adaptación.

E, por suposto, pechada actualmente a Escola de Hostelería e a Gota de Leche sen abrir, a xente nesta cidade segue a morrer na puta calle. Para pensalo dúas veces.

Categoría: Vigo.

8 Respuestas

Permance atento a la conversación, suscríbete a los RSS feed para los comentarios de este post.

  1. Jesús López said

    Hola Pablo,

    Quizás por mi trabajo, es una buena excusa, no estoy muy centrado en los problemas del día a día de la ciudad y, salvando el tema de las obras, me pierdo con tanto dato. Por ello una aclaración… ¿No se supone que el sistema social, sufragado por todos, destina una parte para bienestar social? ¿No se supone que alguien es el responsable de esa partida? ¿No se supone que alguien debería exigirle cuentas?

    Saludos,

  2. Pablo,

    Tal como o contas, non deixas marxe de manobra, estou de acordo contigo que o máis importante é que formen a persoal que saiban facelo-lo seu traballo de xeito profesional, sobre todo no tocante á parte psicolóxica.

    Tamén estou de acordo que, sen ser profesional neste tema, parece máis lóxico pensar que ten menos custo a reforma do edificio para destinalo a albergue municipal que para outros usos, xa comentei isto anteriormente.

    Por último, ¿tes algo contra os drogodependentes? Creo que deberías ter máis sensibilidade neste punto.

    Un saúdo

  3. Non teño nada contra os drogodependentes. De feito penso que teñen dereito a porse ata as cellas do que queiran, faltaría máis. Supoño que o tema é moi longo, non sei. un saúdo.

  4. Moi longo, non sabes ti ben. Vivín o tema moi de preto e estou moi sensibilizado con este tema.

    Un saúdo.

  5. No creo que lo más importante sea el edificio que se destine a albergar a los indigentes, sino las necesidades de los mismos, que las supongo muy distintas. Como siempre estás ampliamente documentado.
    ¿Pero no eres un poco dramático con la frase de las muertes? Supongo que también se morirían en cualquiera de los dos edificios .
    Como bien dice Jesús, entre todos sufragamos esa partida para Bienestar Social. Alguien estará a cargo de ese Departamento, pues que haga su trabajo.

    Saúdos… e boas noites.

  6. O que se reclama dende os colectivos sociais non é un simple lugar para que durma a xente, senon un centro de atención con técnicos especializados.

    Persoalmente o que máis reclamo é que non me tomen o pelo, o edificio pertence a Xunta e como comentáchedes xa estaba previsto a dicalo a un centro de inclusión social, as obras xa están feitas, so falta abrilo.

  7. efectivamente, o importante é o tipo de atención que se lles preste ás persoas que o necesiten, non onde se faga. e o proxecto que incluía o anterior goberno tiña máis en conta o modelo asistencial que o lugar (aínda que entrou ó trapo e ben a gusto na polémica, por darlle nos fociños a Caballero).

    e en canto ós impostos que se pagan para darlle atención a estas persoas, pois máis alá da risga (uns 300 euros) que paga a xunta con cartos estatais ou algunha pensión de inalidez (rara vez máis de 400 nos casos extraordinarios) , pois non hai moito máis que a “caridade” de institucións máis ou menos subvencionadas, pero que non pasa dunha sopa e unha misa.

    a opción de vigo, por desgracia, era pioneira, pero vai quedar nun bo soño que agora, coas intencións de austeridade do novo goberno non creo que vaian adiante.

    pd: Tomás, sinto que este tema te tocara de preto. non é doado nin como idea, moito menos vivilo. Unha aperta.

Continuing the Discussion

  1. VigoEnredados linked to this post on 25 mayo, 2009

    o albergue municipal: Xa en tempos de Corina Porro planteouse a necesidade de crear un albergue municipal en Vig.. http://tinyurl.com/qgd3km

Some HTML is OK

(required)

(required, but never shared)

or, reply to this post via trackback.