Skip to content


porse maliño en Vigo

Hai pocos vigueses que non sexan conscentes de certas sinais que indican cómo funciona a sanidade nesta cidade. Por exemplo, en Povisa, se queres un tratamento fino, vas polo privado. Non esperes gran cousa, a non ser que vaias a tiro fixo, buscando ese médico especialista que xa coñeces de antemán. Ou se vas ó Xeral, faino durante a semán, nunca un venres a partir das sete, que é cando a xente decide que xa pode ir a curarse ese catarro. Ou procura non coincidir con ningunha festa do chourizo se che toca no Meixoeiro. Ou se che mandan ó Nicolás Peña, unha de dúas, ou xa che dan por morto ou é que vas morrer pronto sen previo aviso.

Ven ó caso este proxecto de decálogo que soamente esbozo, ó recente estudo do Instituo Galego de Estatística, respecto ó ratio dos médicos/pacentes que hai actualmente en Vigo. Por suposto que na cousa esta dos números un non entende demasiado e non vou levarlle a contraria á tan relevante institución. En calquera caso é de agradecer que teñamos pasado de ter unha ratio de 1 médico por cada 2.627 pacentes no 2005 ós 1.350 actuais. Xusto a metade en apenas catro anos. Non sabemos se é cousa de aumento de médicos ou de morte de pacentes, que todo pode ser. En calquera caso, a ratio recomendada pola OMS é de 1.200 pacentes, polo que tampoco damos o tipo. Polo visto a cousa é por contar ou non ós pediatras.

Por outra banda esta milagreira situación é máis marabillosa se temos en conta que o goberno anterior recoñecía ata un ratio de 1.422 pacentes por médico a principios de ano. E a estes xa lles dicía a xente que eran uns mentireiros que ían en Audi. Este ratio, por certo, ocasionou unha folga do sindicato vertical Omega, para quen a situación era inaceptable entón, mentras que actualmente a cousa lévase ben. Daquelas, creo que o conflicto estaba máis ben nos 700 euros mensuais que os médicos cobran pola exclusividade en Galicia.

Por suposto a reducción do número de camas no futuro hospital ou a sustancial rebaixa nos presupostos da Xunta tras varios anos de abundancia en canto a Sanidade non aparecen neste estudo. Ou mesmo o feito de que a media de camas hospitalarias por cada 1.000 habitantes no Estado sexa de 3,36 e en Vigo e comarca (poboación atendida polo sistema hospitalario) sexa de 2,85 non parecen afectar demasiado os datos finais.

Unha sociedade que realmente pretenda garantir a igualdade de oportunidades debe por riba de todo garantir a sanidade e a educación dos seus cidadáns, que casualmente son as grandes perxudicados desta crise. A idea de que certas actividades non son “productivas” non se entende ata que un colle unha baixa. Supoño que será cousa do libre mercado.

Categoría: Galicia, Servicios, sanidad, xunta.

5 Respuestas

Permance atento a la conversación, suscríbete a los RSS feed para los comentarios de este post.

  1. Cunchiña said

    Moi bó artigo, meu benquerido Pablo. Ten un deixe ácedo sen chegar a amargar que me leva a pensar neses encurtidos que, de vellos, están un pouco fortes de máis… é o que lle pasa ás cousas cando se maceran en exceso, que é o que lle debe estar a pasar ao Servicio Galego de Saúde.

    Primeiro uns adicaronse a crear fundacións hospitalarias comarcais e tecnolóxicas e pagar peonadas para baixar ficticiamente listas de espera.

    Logo outros viñeron ofrecendo facer fixos aos contratados “dixitalmente” polos anteriores, pero nada servíu para que os médicos queran seguir traballando en exclusividade na nosa terra (vanse a outras comunidades ou a Portugal)… total o que lles pagarían por exclusividades gáñano con creces nas súas consultas particulares en menos tempo e máis cómodos e quentiños.

    Estes de agora comezaron deixando á boa vontade de “voluntarios de gratis” a rebaixa das eternas lista de espera, aforrando e volvendo ás fundacións… en fin… non hai moito tino en nada do que fan os nosos políticos salvo, iso sí, seguir dándolles de comer ás empresas privadas concertadas (¡¡concho, como sucede coa educación!!… debe ser unha casualidade, supoño).

    O que non acabo de entender é cómo aos funcionarios (en xeral) se lles aplica (presuntamente) a lei de incompatibilidades e aos médicos (estatutarios) non se lles aplica e, inda por enriba, se lles paga un plus para que non traballen en outro lado ¡¡¡manda carallo na Habana!!!

  2. Jajajajajjajajajaja… me encanta, justo con el punto de acidez necesario… como siempre tus temas muy bien apañaditos Pablo…
    Desgraciadamente, la seguridad social sirve para ir a por las bajas y recetas, al menos es el caso de mi medico. Difiero mucho de sus explicaciones y dudo un poco más de sus ganas de ejercer como galeno.
    Habrá que hacer algo al respecto? Dudo mucho que tenga solución cualquiera de los temas del Sergas… son funcionarios…
    Pablo, hoxe non teño forzas para pensar en galego… sentir si que me sinto… galega!!! disculpasme non si? ;)

    Saúdos.

  3. Coincido plenamente contigo Pablo nesta entrada. Eu levo máis dun ano e medio e van para dous para que me fixesen unha resonancia nuclear, que polo visto é cousa do Sergas e o mesmo tempo non é cousa do Sergas posto que o leva unha das sociedades paralelas… e mentres tanto xa podería ter morto. Todo por culpa de salvar uns cantos cartos.

    E logo estráñanse de que, despois de Canarias, sexamos a comunidade que peor valoramos o noso servicio sanitario, en fin!!!

    Apertas e felicidades por tan lograda entrada!!!

  4. pois tampouco pretendía parecer vello. Soamente pór de relieve o feito de que a sanidade en vigo pódese maquillar como se queira, pero que afunde polos catro costados. Especialidades como fisioterapia foron incriblemente copadas por Fátima (dirixida en tempos polo presidente do colexio oficial de médicos, o ínclito Babé), mentras que practicamente desaparecía na sanidade pública (¿cántas horas de traballo se perderon por esta brutal ausencia?). O mesmo pode dicirse de Alergoloxía e Povisa, o que non se entende nunha cidade tan contaminada como esta.

    E por suposto que non disculpo o falar en castelán (so faltaría). Mentras me permitas seguir expresándome tan mal en galego, non son quen de desculpar nada.

    e respecto ás listas de espera. Se tardan na Sanidade Pública máis de tres meses en atenderte, podes solicitar que te costeen a proba ou consulta na sanidade privada (se é que te atreves e tes paciencia para esperar que te atendan en atención o paciente). Eu fíxeno un par de veces e en mabas me adiantaron a cita. Iso sí, lembra que todolos días sae unha ambulancia como mínimo de TODOS os hospitais privados cara ó Xeral por non ter medios para atender certos casos.

Continuing the Discussion

  1. VigoEnredados linked to this post on 10 diciembre, 2009

    porse maliño en Vigo: Hai pocos vigueses que non sexan conscentes de certas sinais que indican cómo funciona a sa… http://bit.ly/5FZyba

Some HTML is OK

(required)

(required, but never shared)

or, reply to this post via trackback.