Partindo da base de que a estatística é esa disciplina según a cal a cada ser humán lle corresponde algo menos de dous pernas, tentaremos de ser o máis obxectivos posibles con estes resultados. E para iso utilizaremos o principio de comparar os resultados destas eleccións tanto cos anteriores comicios europeos de 2004 como coa recentísima convocatoria das eleccións autonómicas do 1 de marzo.
Por unha banda temos ó Pp, cuia victoria estaba cantada se temos en conta que viña de acadar un éxito nas eleccións autonómicas de hai menos de tres meses. Cando non teñen pasado nin cen días, raro sería que tivese perdido os seus apoios. Nesta ocasión subiu unicamente respecto ás eleccións de 2004 algo menos de 2 décimas e menos de unha respecto ás autonómicas do 1 de marzo. Isto non impediu que algúns titularan a nova como que “arrasou” na cidade. E conste que collo os datos porcentuais, posto que nesta ocasión a abstención foi moito maior, polo que teríamos que perdeu más de 21.000 votos respecto ás autonómicas, ainda que gañou 3.000 respecto ás europeas de 2004. E como mostra do estraño que pode chegar a ser a percepción da realidade, temos que hoxe A Voz de Galicia considera que estaría as portas da alcaldía, esto é, que quedaría exactamente igual e fai unha noticia diso. En calquera caso, a súa victoria non é tal, posto que o seu crecemento non é significativo dende calquer punto de vista. A abstención tradicionalmente cae da parte dos outros partidos, máis tendentes ó desencanto cos seus representantes.
Penso que esta perda de votantes reais pode vir tanto da abstención xeralizada, que non se pode negar que afectou a todos os partidos (excepto a Extremadura Unida, que levou 12 votos en Vigo), como ó desencanto dunha parte dos seus votantes que viron que a súa anunciada derogación do decreto do galego que se produciría nos cen primeiros días de mandato non foi tal. Mesmo Corina Porro chegou a pór os seus cargos no Partido Popular como garante de compromiso desta promesa finalmente incumplida. Non cumpliron nin Feijóo nin Corina, do mesmo xeito que as actuacións do novo goberno popular na cidade, coa amenaza da financiación (e posterior xestión) privada do hospital, a paralización da depuradora ou da Cidade do Mar semellan ter desvelado unha nova etapa, que se creía ter superada, de volta á loita polas reivindicacións de servizos en Vigo. A categoría de cidade que lle toca a Vigo co novo goberno do Pp queda plasmada na Minidelegada Lucía Molares, e ista sensación flotou sobre estas eleccións.
En canto ó Psoe local aguantou o tiró con dignidade. Gañou 1.000 votos respecto ás eleccións europeas de 2004 e perdeu algo máis de 9.000 respecto ás autonómicas, aínda que isto lle supuxo gañár 8 puntos (80 décimas) nesta comparación. Evidentemente, a abstención non afectou igual ó Psoe que ó Pp neste caso. Recuperaron os socialistas as mesas electorais de Teis, Bouzas e os barrios rurais (algúns tan populares como Navia ou Coia), arrinconou ó Pp nos seus feudos tradicionais do centro e aproveitouse en xeral da caída do Bng, cuia experiencia posibilista no poder vicepresidencial non parece terlle sentado moi ben. Esta tendencia foi a mesma que no resto de Galicia, onde gañou espacios nas cidades e seguiría a mantelos gobernos locais co apoio mínimo do Bng. Especial relevancia teñen os resultados de Vigo e o da cidade de Pontevedra, onde a resistencia á avalancha deu os seus froitos.
En canto ó terceiro, o Bloque, mellor non vou facer demasiadas reflexións, posto que a eterna loita interna que manteñen entre “puristas” e “posibilistas” pasoulles unha factura que aínda non están eles mesmos demasiado seguros de ser quenes de pagar. A xente aínda non cre no seu xiro á esquerda que presentaron tras perder o poder na Xunta de Galicia, xusto nun momento no que as alternativas á social democracia e ó descafeinado socialismo europeo lle abría unhas opcións máis que interesantes. A abstención, o desencanto no seu proxecto e a falta de fiabilidade das caras que presenta e das que esconde lastran ó nacionalismo galego como fío conductor dunha alternativa ó poder establecido. Xusto cando eles mesmos negaban ser de esquerdas, caendo do cabalo camiño á Vicepresidencia, resulta que a xente o que quería era seguir crendo na esquerda.


3 Respuestas
Permance atento a la conversación, suscríbete a los RSS feed para los comentarios de este post.
Entre outras cousas e ampliando o tema das eleccións, doume conta de porqué fan tanto énfase en que vaiamos ás urnas. Para enchar máis se cabe os seus bolsillos.
http://blogs.lainformacion.com/cifrasocultas/2009/06/08/%C2%BFcuanto-ganan-los-partidos-politicos-con-su-voto/
Curioso el caso de UPyD. Con la mitad de escaños que IU se lleva casi la misma cantidad. La buena de Rosa Díaz, después del favor que nos hizo a los gallegos en el Parlamento Europeo, sigue su racha de maximizar economicamente su trabajo.
Continuing the Discussion