Vigo Enredados » Blogs de Vigo

as blogs de vigo (IV)
Que as blogs de Vigo sonche ben enjundiosas é algo do que nesta redacción todos somos conscientes. A grande intelectualidade olívica, algún político despistado, particulares fartos de aburrir á paisanaxe nos bares, periodistas de tecla fácil, funcionarios de mala baba, particulares paranoicos e amas de casa co síndrome de niño baleiro ou xubilados iluminados adictos ó Faro de Vigo enchen as gratuítas páxinas de Blogger ou WordPress coas súas ocurrencias máis ou menos disparatas e acertadas. Aquí tentaremos facer un acopio das que poidamos, para que non perdan vostedes o tempo buscando en Google “blogs de Vigo” e lle saian as novas do diario decano.

Permítanos, polo tanto, facer hoxe unha pequena excepción a tanta voluptuosidade creativa, a tanta capacidade crítica e tanto espíritu rachador. Hoxe imos facer unha excepción a este repaso, lento pero inesgotable, das blogs viguesas, e imos escoller unha blog nacida e terminada con sentido, discreción e contido. Esto é, hoxe imos falar dunha blog que é unha excepción da blogosfera mundial. E é de Vigo, co que temos o traballo feito, como quen di.

Este fenómeno tan digno de admiración chámase “restaurando un Ferrari 355“. É un deses traballos que lle fan a un arrimarse ó seu ordenador sen temor de ser asaltado por un par de tetas en jpg ou por un par de collóns en formato literario e testosterónico. Basicamente do que se trata é dun señor que merca un Ferrari feito un asco e o restaura. E xa está. Tardou tres anos e pico e foi contando dende a compra nunha páxina web alemá, o traslado do cacharro, as tomas de decisións, algunhas técnicas para ignorantes do tema, pero explicadas o suficentemente ben como para que sexan entendibles, os traballos intermedios, os inconvintes administrativos, as solucións, as ocorrencias, etc.

Cando un di que esto da internet está cheo de porcalladas o que quere dicir é que o que non é internet está cheo de porcalladas ou, o que é o mesmo, que hai cousas marabillosas, aportacións particulares interesantes de xente que simplemente fai cousas e as conta. Non serei eu quen diga que o señor desta blog de hoxe (Santiago chámase o autor) escribe ben, pero o que non pode dicir ninguén é que escribe mal, o que é máis do que se pode dicir da maioría dos seus compañeiros.

O seu primeiro post é tan sinxelo, clarificador e directo que é difícil non simpatizar xa coa personaxe, senón coa súa misión. E conste que quen escribe esta crítica é un maniático na beira oposta. Odio os coches, os seus ruídos, fumes e sistemas productivos idiotizantes que traen todos metidos no maleteiro. E con semellante panorama, a blog gustoume, así que se vostede é dos que simplemente consinten a convivencia con estas máquinas xa tarda en botar unha ollada. As referencias a Magnum enternecen a calquera que teña tido que alfabetizarse a golpe de Spectrum e, sobre todo, a franqueza e simpleza dos argumentos son tan irrebatibles como un sorriso.

Aproveiten que o blog está tan rematado como a restauración do Ferrari para ler esta blog e saiba que a literatura é identificable coa obra e esta coa vida, e se non entende o que digo, lea a blog, leñe, que pasará un bo rato. Por unha vez, podemos dicir que atopará máis do que espera.

Os cus sonche da blog do Ferrari, que a cousa non vai de tetas, pero vai de coches.

Technorati Tags: Blogs de Vigo

as blogs de vigo (III). brétemas
Hai algo sobre o blogomillo en xeral que todo o mundo sabe pero que niguén se atreve a dicir: se queres facer un blog galego so tes que coller duas palabras autóctonas e xuntalas nun xogo de verbas ou do tipo poético ou do tipo rural. Así, por exemplo, “Trafegando ronseis“, “As uvas na solaina” ou “En busca da cagalla do lagarto“. Todos eles moi bos blogs moi mal deseñados e feitos por señores que soen tomarse a si mesmo demasiado en serio, polo que so se xuntan con aqueles outros que tamén os toman a eles en serio. E non serei eu quen diga que non deben de ser tomados en serio tan graves señores, é so que non lles acabo de pillalo rollo, quizás por non ser suficentemente galego ou intelixente, que todo pode ser. En todo caso, esta doenza xeral, tanto a da miña intelixencia como a da ausencia de autocrítica é unha constante en calquera blogosfera que se precie de tal.

O caso é que se hai alguén que sexa un auténtico diccionario de todos estes blogues galegos tan remniscentes, ése é sen dúbida Manuel Bragado, o flamante director da editorial Xerais, e obxecto deste post pola súa blog “Brétemas“. Se vostede non a coñece é que non merece nin sequera ser chamado “navegante” e pode ser considerado un pervertido buscador de sexo na internet. Ou mellor aínda, vaia buscar gatiños no Youtube.

Brétemas é a referencia cultural galega e social viguesa por excelencia. Alí un atopa as súas pausadas reflexións sobre o Celta de Vigo (sí, pódese falar de fútbol cun mínimo de intelixencia), sobre a cidade que acolle ó seu creador, sobre política local ou sobre novidades editoriais propias ou da competencia.

A lectura do blog presenta un Bragado intelixente e contido, tanto que mesmo renunciou a se presentar como cabeza do Bloque vigués, o que fai pensar que este tipo non é de aquí, posto que non hai cousa que goste a un de Vigo máis que sair todolos días no Faro, que é o noso “Gran Irmán” particular. Mesmo un repaso pola súa longa historia de blogueiro non dá pe a afirmacións das que poida arrepentirse demasiado. Apoiar o blogomillo dende o seu nacemento, ter orgullo rapaz da cultura galega, capacidade de análise para lectura domingueira, e, en xeral, amosar prudencia, seguridade nas propias conviccións, honradez e interese polo que fai. Cualidades todas elas pouco comúns e amables de ler.

Se algo se pode botar en cara a Bragado é precisamente esa bonhomía. Alguén que un desexaría poder presentar ós seus pais no día de Nadal ou ben vístese de muller cando ninguén lle mira ou ben ten o corpo de Maddie McCann no frigorífico. Ese equilibrio permanente na corrección pode chegar a ser cargante, e mesmo o peloteo que calquera pode esperar dun editor á hora de falar dos escritores (aínda que non os publique el) non deixa moitas veces lugar máis que a aquela famosa frase do Señor Lobo de “non empecemos a chuparnos as pollas todavía“. Este equilibrio so racha cando se trata de defender o idioma, cando lle tocan o máis sensible, é entón cando Bragado revélase como un fero protector da lingua que lle dá de comer por riba de oportunidades de negocio mellores. É entón cando salta a personaxe consciente do seu papel histórico, posto que, quérao ou non, Bragado xa é parte da historia da cultura galega. Unha personaxe de influencia, de capacidade integradora e de consciencia do seu papel en Galiza, moi superior ó de moitos autores ós que publica.

É ese Bragado o que nos gusta, o que usa as verbas coa mesma intelixencia e moderación coa que fala do Monte do Castro, do Peirao XXI ou dos arranques de Corina Porro, o argumentativo e non o morriñento, o descritivo e non o enumerativo dos méritos alleos, o culto e histórico e non o morriñento e soñador. O que revela datos e razoamentos tanto das personaxes que coñece como dos feitos que estuda e da vida que nos descubre na súa blog. O que non chama “labor modesta e calada” á ausencia de obra do profesor de instituto e que declara “rabudo” a quen o é.

Technorati Tags: Blogs de Vigo

las blogs de vigo (1)
Non podiamos quedar sen realizar, neste blog, unha análise das diferentes blogs viguesas que pululan pola rede. Dende as adicadas aos seus cans, ás políticas, as comerciais, as persoais, literarias, etc., o equipo de Vigo Enredados tenme encomendado esta misión. E para escoller a primeira das blogs viguesas é inevitable escoller á “Blog de Vigo” por excelencia, en cuia honra falaremos destas páxinas web en femenino. A elección deste xénero, por aqueles tempos do 10 de maio de 2005 virá, digo eu, por aquilo da traducción do termo “blog” en “bitácora“. Erro común daquelas, posto que algún foi buscar bitácora ó diccionario e atopou que bitácora é un armario onde se gardaba a agulla de marear e un caderno no que se escribían os eventos que sucedían durante a navegación. Así pois, “blog” pode vir de “caderno de bitácora” (masculino) ou de “bitácora” (feminino). O caso é que os rapaces de Vigoblog escolleron o feminino e así quedou e a min me gusta.

Nada mellor para entender a Vigoblog que a súa entrada inicial:

“En un sistema de paralaje superstructural, las sinergias resultantes tienden a confluir en un todo epistemológico. Se sabe, desde que Newton formuló las leyes que rigen las diferencias azimutales, que las fenómenos de cualidades oscuras resultan completamente inútiles para un fin cualquiera“.

Hai está, con dous collóns ben postos. E se non che gusta, pois non leas, carallo. Como ben remataron esta preciosidade “más vale un toma que dos te daré”. Penso que por culpa de escribir cousas como éstas acabaron tendo os comentadores que teñen. Dende o mítico Voltaire-Vigo ata o Nogueroles e toda a recua de apaixoados anónimos que escriben en clave, como quen pon o dedo diante da boca entre taza e taza. Os desvaríos da vellez algúns os confunden con sabiduría e para dicir que o alcalde e o da Cámara de Comercio son uns mangantes non se necesitan moitas neuronas. Non esperen moita materia gris premendo nos comentarios das entradas. Iso sí, se ten tanto tempo como os escribintes poden tentar descifrar as chorradas alí plasmadas. Pero fáganno so nunha ocasión ó mes. Máis frecuencia pode levar ó suicidio por ter a sensación de que un vive nunha cidade de paletos para quenes Paco Porras é o seu lider máximo.

Pero volvamos ó blogue mesmo, que é o que interesa. Daquel equipo inicial, Caldeirada deixounos hai moito e Tiago Louro escribe sobre o Celta. Lorenzo Pardavila faino sobre o que lle peta, que soe ser tan interesante como a conversa de ascensor. Un o le máis que nada por cariño co resto do equipo e, sobre todo, porque a sinatura correspondente sae ó final do post, e ben podería ser que aparecera o nome de Pablo Eifonso, sen dúbida a estrela do blog. Eu engaicheime co xa clásico post deste autor sobre o acoso e derribo a Pérez Mariño. O que se mastigaba nos aires vigueses resumiuno (é un dicir) Eifonso nunha enumeración cronolóxica impecable. Entre noticias do Faro de Vigo, entrevistas e manifestacións delirantes dese tempo, soubo entresacar os elementos importantes do fenómeno, aportar os enlaces e deixar ó lector as consecuencias. Soubo convertir a Vigoblog nun blog. De feito a el corresponden os primeiros enlaces con sentido (apoiando o texto) desta web, co que o hiperestilo do 2.0 imprescidible nun blog comenzaba a aparecer da súa man. O papel que facían as imaxes neses primeros posts pasáronos a desenvolver os links como referencia e aclaración do texto, aportando o sentido último ó escrito. Outra cousa é un diario ou unha columna de opinión, tamén moi respectable, pero non unha blog.

De feito, Marcos Andión pronto repite a fórmula, dándolle ó asunto unha variedade nos textos moi recomendable. Hai que dicir que Andión é o principal responsable de congregar a todos os frikis de Vigo ó redor de Vigoblog. Podería chamarlle ás cousas polo nome e non ser tan gracioso. Simplemente con isto, nun mes Voltaire-Vigo non volvía comentar. Ademáis, se non chamase ó funcionario que lle pasa os datos nin Zorro nin Topo a cousa ganaría moito. En calquera caso, é gracias á parella Eifonso-Andión que descubrimos os detalles dalgúns feitos da política viguesa como a presencia de ING no urbanismo ou da importancia da publicidade institucional no trato de favor dos medios de comunicación vigueses ou quén carallo é Mapi Egea. O último escándalo en destaparse foi a compra da pinacoteca no Casco Vello, que finalmente acabou por se converter en cuestión política fóra do internet. Para que logo digan que Figueroa non sabe nin encender un ordenador.

Raquel López é a colaboradora máis sesuda do equipo. Escribe sobre eventos culturais e patrimoniais deses que non se entenden ben pero que un intúe que deben de ser importantes. Fáltalle certa enxundia, carnaza para facer picar ó populacho. Mencionar que Olveira é un borracho, que Caballero anda moito porque non quere engordar ou que Figueroa non se leva ben nin coa familia. De feito, a súa aventura en solitario, sendo un dos mellores blogs que teño lido, non chegou moi alá. Non importou porque Vigoblog é noble e sabe acoller ós fillos pródigos. Ana Pinténs e, xunto con Lorenzo Pardavila, os adornos que lle faltan ó conxunto. Que se a Ría é preciosa, que se un amigo comentoume que os vigueses teñen moi mala leite, que mira que a esta praziña so lle falta falar, que se os laicos, os dereitos humáns e o Morrazo. Vamos, que poderían escribir en Vigo Enredados e ninguén se daría conta.

O caso é que Vigoblog é unha blog ben montada. Feita por anónimos que se agochan tras un pseudónimo, como debe ser, posto que o 2.0 inclúe a identidade de rede; ben documentada, o que fai pensar que teñen a documentación demasiado preto; con presencia en Twiter, Facebook, santiños, vídeos, enlaces, , estatísticas, contador ata as próximas eleccións, presentación, o tempo que fai en Vigo e mesmo normas de participación. Que despois de case cinco anos teñen unha chulada de bitácora, vamos.

Technorati Tags: Blogs de Vigo

Fotos de la huelga del metal
Pirateo aquí unas fotos de las recientes manifestaciones llevadas a cabo por los trabajadores del metal estos días atrás. A pesar de que parece ser que el conflicto va camino de arreglarse, creo que por su interés gráfico y por los comentarios que las acompañan (de alguien que estuvo presente) no pueden quedarse en el olvido.

La Huelga del Metal.

Pertenecen al blog Todo Vigo, a cuyo autor no he pedido permiso, por lo que no incluyo en esta entrada sus magníficas fotografías. Si queréis verlas, al enlace.

Technorati Tags: Blogs de Vigo, conflictividade laboral