Skip to content


vigo escribiuse con non sei qué de non sei donde

Eran outros tiempos, claro. Franco aínda quente (más quente que cando estaba vivo) no seu panteón, os maricas (só houbo gays cando o Rock Hudson e “homosexual” so o dicían os psiquatras) que saían á rúa a berrar aquilo de “sal a la calle y pega un grito, ser mariquita ya no es delito”, Almodovar confesaba que quería ser mamá en horario infantil e os Siniestros eran graciosos. Efectivamente, mentras no resto do mundo a música disco iniciaba a súa implacable caída, nós facíamos seguidismo do imperalismo español.

Daquelas tiñamos un alcalde que se subía ó barco de Greenpeace e lograba que o capitán holandes lle confesara que por respecto á loita verde que el representaba non ía chimpar os verquidos contaminantes ó mar. Supera iso, Corina. Agora o Soto escangalla de risa ós máis novos, con esa faciana de papa noel sen recursos e a cousa isa do Partido Galeguista, pero houbo un tempo en que estivo na fundación da Federación Española de Municipios e lograba que o mesmo McNamara se emborrachara de balde na nosa vila.

Eran os tempos da movida viguesa, cando se organizaban eventos como o “Vigo escrébese con V (ou era M?) de Madrid” nos que non importaba tanto a programación cultural como a parafernalia montada ó seu redor. Da taza que acabou na cabeza dunha rapaza na comida en Castrelos de artistas e políticos nunca saberemos se foi o dito McNamara co mono de heroína ou un vingativo que buscaba escachar en Soto. Xa levaba Bibiano Morón, Teo Cardalda ou Pablo Novoa dándolle nos fuciños ós chorimiqueiros cantautores folclórico-galegos e á súa Roda cansina había tempo. O Gran Vigo feixista do franquismo retirábase do comercio e apostaba pola especulación, pechando fábricas antes que modernizalas e deixando á cidade en mans de rapaces demasiados mozos para sospeitar o que se lles viña enriba.

Os anos foron crueles cos protagonistas desa época. A Teo Cardalda esperábanlle os “Cómplices“, a Julián Hernández Lucía Etxevarría, e a Soto o seu mítico chalet, que recentemente comproulle o presidente do Celta. Bueno, o chalet e todo un rosario de estraños casos non demasiado ben resoltos, seguramente por falta dunha adecuada asesora de imaxe.

O caso é que, pasados os anos, temos que o político que sacoulle a alcaldía á primeira muller que ocupou tal cargo en Vigo, pasou polas vergoñas habituais de ter que participar en gobernos inimigos por amor á cidade, claro, de ter que buscar a calquera friki co que presentarse ás eleccións (non, Julio Alonso non foi o peor nin de lonxe), e mesmo de ter que aguantar a algún compañeiro de corporación que non quería xuntarse con el ata finalmente perdelo seu sustento político no Concello vigués.

Actualmente disfruta do seu amable retiro no coro dos colexio dos Xesuítas de Teis, seguramente propoñendo ano tras ano que metan no seu repertorio o “Ayatolah, non me toques a pirola”, incapaz de renunciar a aqueles bos vellos tempos nos que el era o protagonista.

O probe Soto ten tido que amañarse a vidiña como puido estes anos

Categoría: Vigo.

5 Respuestas

Permance atento a la conversación, suscríbete a los RSS feed para los comentarios de este post.

  1. Muy interesante el post especialmente por los enlaces, reconozco que me gusta mucho tu estilo escribiendo especialmente porque tienes una lengua….
    Estoy convencida de que hay mucha gente que desconoce está parte de la historia viguesa, siguiendo con esta línea podías hacer un respaso a todos los alcaldes de esta gloriosa ciudad porque tienen tela.

  2. Pablo, parecéume interesantísima a túa entrada, salvo, quizáis, no trocante “o seguidismo o imperialismo español” referente a ¿caída? da música disco.

    Por que é verdade que en Norte América a música disco empezou a decaer a principios dos Oitenta, en Europa viviu o seu máximo esplendor (iso que agora chamamos “Italo Disco” ou “Eurodisco”). Eu coido que Vigo (e non Madrid) fue unha grande precursora no tocante á movida e déronse tódalas sementes (paso da ditadura á democracia, a reconversión, o idealismo daquela xente…), que hoxe non temos.

    E é verdades que os mozos de hoxe deberían de aprender un pouco máis da nosa historia. Onte na celebración da Reconquista decateime de que moitos non sabían o de Carolo e a Porta da Gamboa. E a Movida de Vigo lles sonará a chinés :)

    Felicidades Pablo pola túa entrada!!!

    Unha aperta!!!

  3. Pablo, tu rebuscando te quedas solo!!!!! Gran mérito el tuyo. Como siempre, todo es desde el cristal desde el que se “mira”.. Y, Vigo se escribió con V, fué Madrid la que se escribió con V de Vigo.
    No considero que fuese una etapa tan aciaga como tu la pintas, siempre de las épocas convulsivas y dispares salen nuevas evoluciones y sean profundas o superficiales, estan ahi formando parte de ese pasado evolutivo de la ciudad.
    Desgraciadamente, pero gracias a esa “época” algunos supieron posicionarnos geograficamente.
    Comparto la opinión de Tomás, y pienso que todos debemos conocer las distintas etapas que hemos vivido.
    Como siempre tus entradas son geniales, sobre todo por el contenido informativo que despliegas. ;)

    Saúdos.

  4. Impresionante!! Datos, ironía, enlaces… din na miña terra que “sabe máis o zorro por vello que por listo”… sen que me malinterprete-lo dito queda claro que moi vello non pareces polo que ¿cal é o motivo de tanta listura? ¿acaso fuches un dos culpables daquel movemento, acaso vivías anos dulces coma os de Soto, acaso es un nostálxico empedernido?… seguro que terás unha boa resposta pero seguro que seguiremos léndote ata comprendelo… ;)

  5. Cunchiña said

    Coincido con Ana Pastor en que podías darles un “repaso” a todos los alcaldes y alcaldesas que en Vigo han sido, que no son pocos/as… y yo te ayudo a sacudir la alfombra ¿vale?

    Soto hizo como todos más o menos (y si no ya se verá si sigues hablando de alcaldes/as como te propongo) pero consiguió que Vigo fuera conocida fuera de Galicia por algo más que por el Celta… para bien o para mal. Otros sólo la han hundido en la miseria y borrado del mapa. No es que yo sea un nostálgico de los 80 (ni mucho menos… puajjj”! mi adolescencia y primera juventud) pero hubo motivos para disfrutar del hecho de ser vigués y para pasarlo bien… bueno, muy bien.

Some HTML is OK

(required)

(required, but never shared)

or, reply to this post via trackback.